Cociña - Aula GaliciaAberta

Listen to this page using ReadSpeaker
3507 lecturas

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza un obradoiro de Cociña en liña co obxectivo de promover a cultura galega na Galicia do exterior.

Destinatarios/as - Participantes: 

  • Todas as persoas interesadas na gastronomía galega, con ou sen coñecementos previos
  • É de carácter gratuíto e non precisa inscrición 

Datas e horarios das clases: os venres, do 17 de xullo ao 18 de setembro de 2020, ás 20:00 h.

Chef: André Arzúa

Emisión das clases: a través de Facebook Live

Estrutura das sesións:

  • 20:00 - 21:00 h (aprox) - O chef impartirá as clases a través do Facebook Live de GaliciaAberta, onde os/as interesados/as poden deixar as súas preguntas relacionadas co desenvolvemento da Aula, e que o mestre contestará en directo.

Receitas e ingredientes para a preparación das clases: semanalmente publicaranse as receitas cos produtos que se van utilizar en cada unha das elaboracións -cada sesión incluirá un prato principal e un de sobremesa- para que os/as interesados/as poidan ter preparada a materia prima no caso de que queiran realizar a elaboración simultaneamente coa emisión en directo.

Clases xa emitidas: acceder

Máis info: emigracion.xunta.gal | Facebook | Twitter | Instagram | YouTube | Correo-e: aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal

Cocina - Aula GaliciaAberta
Evento: 
Curso
Organiza: 
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
17.07.2020
24.07.2020
31.07.2020
07.08.2020
14.08.2020
21.08.2020
28.08.2020
04.09.2020
11.09.2020
18.09.2020
Hora: 
18:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: