Ciclo de irmanamento Magdalena-Sada para recordar os 105 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo

Listen to this page using ReadSpeaker
364 lecturas

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, de Sada, e o Grupo Colectiva Magdalena 318, de Magdalena (Arxentina), celebran o primeiro encontro do ciclo de irmanamento Magdalena-Sada o sábado 23 de agosto ás 16:00 horas (11:00 horas de Bos Aires).

  • Conmemorarase o 105 aniversario do nacemento de Isaac Díaz Pardo.
  • Será por videoconferencia.

Nesta cita transatlántica falarase do patrimonio cultural público, coa participación de expertos de ambas localidades. Ademais, tamén colaboran neste encontro o Concello de Sada, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e a Cátedra Galicia - América UNSAM.

Máis info: Facebook | Instagram.

 

Ciclo de irmanamento Magdalena-Sada para recordar os 105 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina
Cátedra Galicia-América (Programa Lectura Mundi, Universidad Nacional de San Martín)
Data: 
23.08.2025
Hora: 
16:00
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Cine galego no Centro Galego de Lisboa.
09.09.2026, 23.09.2026, 30.09.2026
Olimpíadas Galegas 2026 na Irmandade Galega de Venezuela.
11.09.2026, 12.09.2026, 13.09.2026, 18.09.2026, 19.09.2026