Charla informativa sobre temas fiscais, consulares e da Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social, en Zúric

Listen to this page using ReadSpeaker
419 lecturas

O domingo 25 de novembro a partir das 16:00 h, na sede da entidade galega, a Asociación Cultural 'As Xeitosiñas' de Zürich organiza unha charla informativa sobre temas fiscais, consulares e da Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social en Suiza, na que diversos/as expertos/as informarán e responderán ás consultas dos/as asistentes.

Relatores/as:

  • Ramón Acosta, xerente en Gestoría Hispano-Suiza, e Manuel Bühlmann, director xeral en Iten Bühlmann Partner, falarán de impostos, rescates bancarios, inmobles, herdanzas, sucesións, empresas, auditorias, etc.
  • María del Mar Ramírez, responsable da Oficina da Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social en Zürich, falará dos servizos que presta a Oficina: os/as emigrantes retornados/as de Suiza , cobertura do sistema público da Seguridade Social, e outras cuestións relacionadas co retorno.
  • Juan Carlos Gafo Acevedo, cónsul xeral de España en Zürich, falará dos servizos que presta o consulado: últimas innovacións, novas tecnoloxías, cita previa, rexistro civil, censo-CERA, rexistro de matrícula consular, perda/recuperación da nacionalidade, etc.

Máis info: asc-asxeitosinas.ch | Facebook

Charla informativa sobre temas fiscais, consulares e da Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social, en Zúric
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación Cultural ASC "As Xeitosiñas" Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zürich
Data: 
25.11.2018
Hora: 
16:00
Lugar:
Centro Cultural 'As Xeitosiñas' de Zürich
Zürcherstrasse 14
Schlieren - 8952Zurich
Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: