Celebración do Día da Muller no Lar Galego de Sevilla

Listen to this page using ReadSpeaker
103 lecturas

O Lar Galego de Sevilla celebra o Día da Muller este sábado 7 de marzo, ás 19:30 horas, cun acto especial na súa sede.

Con motivo desta xornada, proxectarase un documental sobre a figura da pintora galega Maruja Mallo.

Trala proxección, na que tamén se falará de arte, inaugurarase a exposición de pintura de Nicolás Hormigo Conde, cuxa temática principal é a relixiosa. Esta exhibición presenta obras ao óleo sobre lenzo de imaxinería sevillana.

Ademais, tamén haberá ambientación musical por parte do Grupo de Gaitas do Lar Galego de Sevilla, así como o seu tradicional photocall de mulleres ilustres.

Máis info: FacebookInstagram.

Celebración do Día da Muller no Lar Galego de Sevilla.
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Lar Galego de Sevilla
Data: 
07.03.2026
Hora: 
19:30
Lugar:
Lar Galego de Sevilla
Padre Méndez Casariego, 27
Sevilla - 41003Sevilla
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: