Apertura do Oktoberfest na Irmandade Galega de Venezuela
A Asociación Cultural Irmandade Galega de Venezuela celebra esta fin de semana a Apertura do Oktoberfest na súa pista cuberta. Unha celebración na que se enchen as xerras e arranca a festa.
Serán dúas xornadas de celebración, que comezarán o sábado 26 ás 5:00 PM e continuarán o domingo 27, a partir das 3:00 PM.
O acceso é exclusivo para socios e os seus convidados, ademais de para universitarios e membros doutros clubs só o domingo.
Haberá boa música en vivo, con Franco Lugo & los algoritmos; comida típica, a mellor cervexa e moitas sorpresas.

Evento:
Festa
Organiza:
Hermandad Gallega de Venezuela
Data:
26.09.2026 a 27.09.2026
Hora:
17:00
Lugar:
Irmandade Galega de Venezuela
Avenida Principal de Maripérez Entre Av.7 e Augusto Sandino
Maripérez, Caracas - 1050-ADistrito Capital Venezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






