3ª Sesión do Galician Film Forum - "Women's gaze", en Londres
O venres 20 de novembro ás 19,00 h., no King's College de Londres, terá lugar a terceira sesión do Galician Film Forum, que desta volta leva por nome "Women's gaze" e na que se proxectarán dúas curtametraxes e unha longametraxe, dirixidas por cadansúa muller.
Entradas:
- De balde ata completar aforo
- Reservas en www.eventbrite.co.uk
Proxeccións:
- Tralas Luces, longametraxe dirixida por Sandra Sánchez
- Galicia Portobello Road, curtametraxe dirixida por Adriana Páramo
- Conversa Cunha Muller Morta, curtametraxe dirixida por Sonia Méndez
- Ao remate das mesmas haberá unha sesión de preguntas e respostas (participantes aínda sen confirmar)

Evento:
Proxección
Organiza:
Galician Film Forum
Data:
20.11.2015
Hora:
19,00
Lugar:
King's College London
Strand Campus
Londres - WC2R 2LS Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: