115 aniversario e concerto de Lucía Pérez, homenaxe á emigración, na Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires
Para conmemorar o seu 115 aniversario, a Sociedade Parroquial de Vedra, en Bos Aires, celebra unha xornada especial o domingo 7 de setembro, a partir das 11:30 horas, que terá como gran colofón o concerto de Lucía Pérez.
A artista galega leva a súa xira "Tanto" ao centro galego, nunha actuación musical que será unha homenaxe á emigración.
Ademais, o evento tamén servirá para celebrar a festa do Día das Dores. A programación da xornada será a seguinte:
- 11:30 horas: Procesión desde o Centro.
- 12:15 horas: Misa.
- 13:30 horas: Gran xantar e concerto.
Reservas (ata o 4 de setembro): 4931-3448 | 11-3616-8875.
Entrada: Adultos - $40.000 | Menores de 10 anos - $20.000.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Sociedade Parroquial de Vedra
Data:
07.09.2025
Hora:
11:30
Lugar:
Sociedade Parroquial de Vedra
José Mármol 760
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1236ABHBuenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
28.02.2026
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026






