Retorna - Axudas ER2020
2Área Social
Atención de situacións de vulnerabilidade en familias galegas retornadas para a súa plena integración.
Seguir impulsando as axudas extraordinarias ás persoas emigrantes retornadas para axudar a facer fronte ás causas sobrevidas derivadas do retorno que requiren dunha atención perentoria. Cada unidade familiar poderá recibir unha axuda de ata 3.900€ | Acceder
Incorporar unha nova liña de axudas para familias de retornados/as con fillos/as menores de idade que se establezan en Galicia de 1.000 euros por neno/a ata o/a segundo/a fillo/a e de 1.500 euros a partir do/a terceiro/a, cun incremento do 25 % se a residencia familiar está fixada no rural | Acceder
Facilitar o acceso dos/as retornados/as ás prestacións sociais ás que teñen dereito.
Asistencia integral ás mulleres retornadas vítimas de violencia de xénero a través de recursos residenciais de acollida temporal e dos non residenciais | Acceder
Subvencións a programas de entidades de iniciativa social para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que se inclúen o colectivo de emigrantes retornadas | Acceder
Fomentar o retorno das familias galegas a través do apoio á natalidade e á conciliación familiar.
Adaptar as especiais circunstancias das familias retornadas para acceder desde o seu empadroamento a todas as medidas favorecedoras da natalidade, como a Tarxeta Benvida. Mediante esta última, as familias obterán unha axuda de 1.200 euros ao ano no primeiro ano de vida do/a seu/súa fillo/a, ampliable ata os 3 anos nalgúns casos | Acceder
Dar visibilidade ás medidas favorecedoras da conciliación familiar, como o acceso fóra de prazo ás escolas infantís, centros de día e residencias de anciáns/ás, etc.
Apoiar a integración dos/as máis mozos/as.
Facilitar o acceso dos mozos e mozas retornados ás distintas liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos xuvenís e de voluntariado e do programa Iniciativa Xove | Acceder
3Traballo e Emprendemento
Promover a integración laboral dos/as galegos/as retornados/as.
Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria, destinado a facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas con dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade. Subvenciónase a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses e a formación de persoas contratadas por medio desta orde. As axudas á contratación increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as e terán unha contía máxima de 8.000 euros | Acceder
Programa APROL-economía social, destinado a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais. Estas axudas increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as e terán unha contía máxima de 67.500 euros | Acceder
Programa APROL Rural, que ten como obxectivo o fomento do emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social | Acceder
Programa de fomento e consolidación do emprego nas pemes de nova creación, que ten por finalidade xerar emprego estable para persoas desempregadas, dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais en Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego. Estas axudas increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as e terán unha contía máxima de 8.000 euros | Acceder
Axudas á contratación indefinida de persoas asalariadas por traballadores/as autónomos/as dentro do programa de promoción e consolidación de emprego autónomo. Estes incentivos increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as e terán unha contía máxima de 8.000 euros | Acceder
Programa Emprega Parados de Longa Duración, dirixido ás empresas para a contratación de persoas desempregadas con apoios para a contratación de 5.000 euros como mínimo, e inclúe un bono formación de entre 2.000 e 4.000 euros. Estas axudas increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as | Acceder
Programa Emprega Discapacidade e Exclusión para favorecer a contratación das persoas na empresa ordinaria. Recolle un programa de incentivos pola contratación, formación e emprego con apoio con tres tipos de bonos compatibles (bono de contratación, bono de formación e bono de emprego con apoio). Estas axudas increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as | Acceder
Programa Emprega Muller de incentivos á contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas. Inclúense dous tipos de axuda compatibles: Bono de contratación e Bono de formación (opcional). Estas axudas increméntanse nun 25% para as emigrantes retornadas | Acceder
Axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social. Estas axudas increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as.
Axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade. Unha das liñas, o Programa de axudas para a creación de postos de traballo estables en función do investimento en activo fixo, establece unha contía base de 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido e a xornada completa, que se incrementa nun 25 % no caso dos/as emigrantes retornados/as. | Acceder
Promover o autoemprego e a creación de pemes polos/as galegos/as retornados/as do exterior.
Axudas para promover o autoemprego e a creación de empresas por emigrantes galegos/as retornados/as, a través do Retorno Emprendedor, coas que estes/as emprendedores/as poderán ter unha achega de ata 10.000 euros para gastos correntes derivados da súa posta en marcha, incentivando a creación de empresas nos concellos rurais | Acceder
Crearase unha liña de apoio propia para os/as emigrantes retornados/as, ao igual que existen liñas sectoriais ou con clústers.
A aqueles/as galegos/as que teñen unha pequena empresa no seu país de acollida facilitaránselle os medios para o seu traslado a Galicia, incentivando o seu establecemento no rural.
Programa de promoción e consolidación de emprego autónomo, que dá acceso ás axudas a desempregados/as que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores/as autónomos/as por conta propia. Tamén incentiva a creación de emprego autónomo. Estas axudas increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as e terán unha contía máxima de 8.000 euros | Acceder
Programa Galicia Rural Emprende, que ten por finalidade a creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais con achegas de ata 70.000 euros que poden incrementarse noutros 20.000 adicionais se xera postos de traballo indefinidos e en 5.000 máis se está en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas | Acceder
Programa Emega, que comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, e a favorecer a conciliación familiar e dar acceso aos servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres. Dentro deste programa podemos atopar distintas liñas de axuda: Emprende, Innova, Activa, ITEF, Concilia e Dual | Acceder
Asesoramento e axuda no acceso ao Programa Resolve, que permite o acceso a préstamos bancarios avalados de entre 3.000 e 150.000 euros, con prazos de amortización de ata 7 anos | Acceder
O programa de Apoio ás Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das que teñen amplos coñecementos das novas tecnoloxías, así como impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego. Con este programa subvenciónase a creación de traballo indefinido. Estas axudas increméntanse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as e terán unha contía máxima de 24.000 euros | Acceder
- Asesoramento e axuda no acceso aos Préstamos IFI, que comprenden tres modalidades:
- IFI Innova, de apoio financeiro a proxectos innovadores de pemes, financiando activos tanxibles e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación (para importes de ata 500.000 euros).
- IFI Emprende, de apoio a pemes promovidas por emprendedores mediante préstamos a tipos de xuro reducidos, para a súa posta en marcha en Galicia (para importes de ata 500.000 euros).
- IFI Industria 4.0, de apoio a pemes do ámbito da nova industria mediante préstamos a tipos de xuro reducidos. (para importes de ata 1.000.000 euros).
Nos tres as pemes beneficiaranse de tipos de xuros reducidos e garantías, e sen garantías adicionais á responsabilidade da sociedade prestameira ata certas contías | Acceder
Asesoramento e axuda no acceso aos préstamos do BEI (Banco Europeo de Investimentos), en dúas modalidades:
- BEI-Investimentos: Financiamento do 50% dos investimentos, incluíndo necesidades de circulante estrutural. O importe do investimento deberá estar comprendido entre 150.000 € e 25.000.000 € e o do préstamo, entre 75.000 € e 12.500.000 €, co límite do 50% do investimento financiable.
- BEI-Circulante: Financiamento do circulante estrutural para o crecemento do negocio. O importe do préstamo estará comprendido entre 150.000 € e 500.000 €, cos límites do 25% da suma de aprovisionamentos e gastos de persoal e do 50% dos fondos propios.
4I+D+I
Promover a captación e retorno de investigadores/as á Galicia territorial fomentando a súa incorporación aos distintos centros de coñecemento e institucións que traballan no eido do I+D+i.
O Programa Oportunius está dirixido á captación e retorno de investigadores/as de ata 35 anos a través de:
- a) Contrato estable e apoio económico para investigadores/as excelentes (gañadores/as dunha grant ERC).
- b) Apoio económico a través dun convenio coas institucións de acollida galegas para apoiar a actividade de investigadores/as que foron finalistas en convocatorias do ERC para que melloren a súa proposta e volvan a presentar a súa solicitude.
- c) Formación e asesoramento para presentarse a convocatorias do ERC.
Programa Oportunius | Acceder
O Programa Principia busca fomentar a incorporación de persoal técnico e investigador novo nas nosas empresas e centros de coñecemento a través dun incentivo de 10.000 euros por contrato. O alcance previsto é incorporar entre 100 e 150 técnicos/as cualificados/as ao ano en empregos de alto valor engadido. | Acceder
O Programa Talento Sénior, destinado a fomentar a captación internacional ou a retención de investigadores/as excelentes ou especialmente cualificados/as para que desenvolvan a súa investigación en empresas ou centros de coñecemento situados en Galicia. | Acceder
5Formación
Incentivar o retorno dos/as galegos/as do exterior favorecendo a súa incorporación ou a dos/as seus/súas fillos/as nos centros de ensinanza primaria e secundaria da nosa comunidade autónoma, así como no sistema universitario de Galicia.
Bolsas para cursar estudios de Formación Profesional Superior para emigrantes retornados/as, cunha achega de 5.000 euros. | Acceder
Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), para que os/as mozos/as galegos/as que residen no exterior con formación universitaria veñan a Galicia a cursar un mestrado que lles permita incorporarse ao mercado laboral galego. Comprenden unha achega anual de 7.000 euros para os/as estudantes de Europa e 7.650 para os/as do resto de países, que chegan a 11.475 euros no caso dos mestrados de curso e medio de duración. Durante a súa estadía facilitaráselles orientación laboral para que poidan iniciar a súa traxectoria profesional e establecerse en Galicia | Acceder
Seguir traballando no desenvolvemento do Programa de Estudo para a Retención do Talento Emerxente de Galicia (Pértega), que fomenta as sinerxias entre os axentes implicados no desenvolvemento do talento xuvenil, reforza a capacitación das habilidades transversais máis demandadas polo mercado laboral e aposta por programas de desenvolvemento persoal que aceleren as capacidades e dean resonancia e visibilidade aos/ás mozo/as retornados/as máis cualificados/as, premiando o seu talento e o seu esforzo.
Axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que, por causas sobrevidas e imprevistas acontecidas ao longo do curso, teña dificultades económicas, co obxectivo de garantir que poidan continuar os seus estudos. Entre o alumnado que pode solicitar estas bolsas atópase o colectivo de emigrantes retornados/as | Acceder