Subvencións á entidades no exterior para desenvolver un programa integral sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
1397 lecturas
Requirimentos de emenda das solicitudes para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades no exterior para desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a galicia para o ano 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

Asunto: Publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes para subvencións a entidades no exterior para desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a galicia para o ano 2010 de acordo coa resolución do 15 de abril de 2010 da secretaría xeral da emigración pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan ditas subvencións para o exercicio 2010.

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 15 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións a entidades no exterior para desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia para o ano 2010 (DOG nº 74, do 21/04/2010) e de acordo co establecido no artigo 11.2 das bases reguladoras de dicha resolución, requísese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou non achegar a documentación requIrida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa solicitude, logo da resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños 2, C.P 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 72 73, 981 54 72 71 e 981 54 72 84. As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com.

Descarga: Descargar Fichero

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2010

Subdirector xeral do Retorno e da Inmigración.

Antonio Aguarón Turrientes

Data de publicación: 
03.06.2010
Data fin de prazo: 
14.06.2010