Subvencións a entidades no exterior para desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
2073 lecturas
A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións dirixidas ás entidades no exterior para desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia para emigrantes galegos e descendentes con vontade de retornar.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Subvencións a entidades no exterior para desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia para o ano 2010.

Destinatarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións da presente resolución, os seguintes:

a) Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

b) Entidades legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia que aglutinen a varios centros galegos no exterior (federacións, confederacións, asociacións…).

c) Institucións e asociacións sen ánimo de lucro radicadas no estranxeiro, legalmente constituídas, que presenten unha acreditada traxectoria na prestación de servizos de información, orientación e asesoramento dirixidos a emigrantes galegos e descendentes.

d) Poderán tamén concorrer a esta resolución as agrupacións de entidades sinaladas nos apartados a), b) e c) sempre e cando individualmente cumpran os requisitos xerais establecidos nas bases reguladoras, e fagan constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación. A agrupación nomeará un representante ou apoderado único con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, corresponden á agrupación.

Características: A finalidade desta convocatoria de subvencións é ofrecer un programa integral de información, orientación e asesoramento dirixido aos emigrantes galegos e descendentes residentes no exterior, sobre todas as materias e asuntos que podan incidir nas relacións con Galicia, especialmente as dirixidas ao retorno.

Prazo de presentación: Ata o 21 de maio de 2010

Lugar de presentación: As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños nº2, 15704, Santiago de Compostela), ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (entre os que figuran a Delegación da Xunta en Bos Aires, oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante).

Resolución: Resolución de 15 de abril de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades no exterior para desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia nº 74, mércores 21 de abril de 2010.

Promovido por: Secretaria Xeral da Emigración

Ano: 2010

Documentación:

 Formulario de solicitude online (*)

* Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación: 03 de maio de 2010