Seleccionados/as e reservas do programa “Conecta con Galicia”, actividades de Campamentos e Campos de Traballo no ano 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
4206 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos listados de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en Actividades de aire libre e Campos de Traballo (Resolución do 5 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 50 do 12-03-2013) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas nas que o número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país dentro do seu tramo de idade e tipo de financiamento.

De acordo co artigo 3º.5 (paragrafo 3º) das bases reguladoras da convocatoria, os e as interesados/as que quixeran modificar as datas de retorno, disporán de 10 días naturais para modificalas por escrito, tendo en conta que aqueles/as beneficiarios/as que desexen quedar en Galicia deben ter familiares nesta comunidade autónoma e presentado o anexo correspondente.

NOTA IMPORTANTE: Os/as que figuren no campo “SELE” coas letras X1-X2-X3 corresponden ás/aos seleccionados/as, e nos que figure a letra X no campo “RESERVA” corresponden ás reservas e, de haber algunha baixa nos beneficiarios/as, serán chamados/as seguindo a orde numérica indicada no campo “N_RESERVA”.

NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:
-Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar as actividades de aire libre ou campos de traballo
-Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar unha quincena coa súa familia en Galicia logo de rematar a actividade.
-Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar un mes coa súa familia en Galicia logo de rematar a actividade.

As peticións de cambios de retorno, poden presentalas ben nas delegacións da Xunta de Galicia correspondentes (Montevideo ou Bos Aires), ou ben pódese enviar directamente a petición por fax ao número +34 981 95 70 55 da Secretaría Xeral da Emigración, facendo constar no escrito no caso de quedarse en Galicia os datos dos/as familiares en Galicia.

Os/as seleccionados/as participarán en catro grupos diferenciados por datas de realización e idades. Estes grupos desígnanse coas letras A, B, C e D. Os listados de seleccionados/as son os seguintes:

Listados seleccionados/as Actividades de aire libre
PAÍS / IDADE - DATA Grupo A Grupo C Grupo B Grupo D
14-17 anos 14-17 anos 17-20 anos 17-20 anos
1-12 xullo 15-26 xullo 1-12 xullo 15-26 xullo
Arxentina Descargar Descargar Descargar Descargar
Brasil   Descargar   Descargar
Cuba       Descargar
Uruguai Descargar Descargar Descargar Descargar
Venezuela   Descargar   Descargar
México Descargar     Descargar

 

As reservas segundo o país, tramo de idade e financiamento expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:

Listados de Reservas en Actividades de aire libre
PAÍS/IDADE - DATA

Prazas para menores:

Grupos A e C

Prazas para maiores:

Grupos B e D

Financiamento 50 % Financiamento 100 % Financiamento 50 % Financiamento 100 %
Arxentina Descargar Descargar    
Brasil        
Cuba        
Uruguai   Descargar    
Venezuela   Descargar    
México        

 

Informacións complementarias de interese para as Actividades de aire libre:

 

Reunión Informativa para os/as participantes no programa de campamentos:

  • Xuntanzas informativas* (picar aquí para descargar)
    *nos vindeiros días publicaranse o resto das datas, horarios e lugares das mesmas

 

CAMPOS DE TRABALLO

Nas listas de seleccionados/as constan o Campo de traballo asignado, así como as datas de realización. Nas ligazóns que máis abaixo se indican pódense obter máis datos sobre as instalacións dos Campos de traballo.

Listados de seleccionados/as CAMPOS DE TRABALLO
PAÍS/IDADE 18-30 anos
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar

 

Listados de reservas en CAMPOS DE TRABALLO
PAÍS Financiamento 50% Financiamento 100%
Arxentina Descargar Descargar
Brasil   Descargar
Cuba   Descargar
Uruguai Descargar Descargar
Venezuela   Descargar

 

Informacións complementarias de interese para Campos de traballo:

Data de publicación: 
29.05.2013