Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as ao sorteo do programa "Conecta con Galicia". Ano 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
3481 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos listados definitivos de excluidos/as e admitidos/as ao sorteo do programa de axudas para a participación no programa "Conecta con Galicia", Actividades de aire libre e Campos de traballo (Resolución do 5 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 50 do 12-03-2013) de Arxentina, Brasil, Costa Rica, España, Cuba, México, Uruguai e Venezuela.

Naqueles casos en que o número de solicitudes admitidas sexa superior ao número de prazas ofertadas para cada país, a selección final de beneficiarios/as realizarase por sorteo público.

O sorteo público celebrarase, unha vez publicadas todos os listados definitivos, nas dependencias da Secretaria Xeral da Emigración, sita na rúa Basquiños, número 2 de Santiago de Compostela. Nesta mesma páxina darase conta da data e hora do mesmo.

CONECTA CON GALICIA
Listados definitivos de admitidos/as e excluídos/as
Actividades de aire libre e campos de traballo
País Listado Data de publicación
Arxentina Descargar 24 de maio de 2013
Brasil Descargar 24 de maio de 2013
Costa Rica Descargar 10 de maio de 2013
Cuba Descargar 10 de maio de 2013
España Descargar 10 de maio de 2013
México Descargar 10 de maio de 2013
Uruguai Descargar 14 de maio de 2013
Venezuela Descargar 24 de maio de 2013

 

NOTA: O sorteo público para aqueles quendas, tramos e tipos de financiamento nos que o número de solicitantes admitidos/as fose superior ao número de prazas convocadas realizarase o próximo luns 27 de maio de 2013 ás 12,00 h. nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños, 2 - 15704 Santiago de Compostela).

Data de publicación: 
10.05.2013