Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” 2016 - Actividades de Aire Libre.
Publicación dos listados de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en Actividades de Aire Libre (Resolución do 2 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 28 do 11-02-2016) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas cuxo número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país, dentro do seu tramo de idade e tipo de financiamento.
De acordo co artigo 7.5 (paragrafo 5º) da convocatoria, as persoas interesadas que quixeran modificar as datas de retorno, disporán de 3 días hábiles para modificalas por escrito (ata o 18 de maio incluido), tendo en conta que aqueles/as beneficiarios/as que desexen quedar en Galicia deben ter familiares nesta comunidade autónoma e presentado o anexo correspondente.
NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:
- Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade
- Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente 15 días coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade
- Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente un mes coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade
As peticións de cambios de retorno teñen que presentalas a través de e-mail no enderezo electrónico accion.social.emigracion@xunta.es facendo constar no escrito, no caso de quedarse en Galicia, o nome, enderezo e teléfono dos/as familiares cos que se queda.
Na listaxe de seleccionados/as indícase o país de procedencia do/a participante, os seus apelidos e nome, o tipo de financiamento co que participa, o retorno elixido e o a quenda na que participa.
Listados seleccionados/as - Actividades de aire libre | ||
---|---|---|
País | 14-17 anos | 18-20 anos |
Arxentina | Descargar | Descargar |
Brasil | Descargar | Descargar |
Chile | Descargar | |
Cuba | Descargar | |
Estados Unidos | Descargar | |
México | Descargar | |
Perú | Descargar | |
Uruguai | Descargar | Descargar |
Venezuela | Descargar | Descargar |
As reservas segundo o país, tramo de idade e financiamento expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:
Listados de reservas - Actividades de aire libre | ||
---|---|---|
País | 14-17 anos | 18-20 anos |
Arxentina | Descargar | Descargar |
Brasil | Descargar | |
Uruguai | Descargar | |
Venezuela | Descargar | Descargar |
Informacións complementarias de interese para as Actividades de aire libre:
- Circular informativa: picar aquí para descargar
- Recomendacións xerais para os/as participantes: picar aquí para descargar
- Material e equipamento recomendable: picar aquí para descargar
- Normas de réxime interno: picar aquí para descargar