Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, actividades de Aire Libre e Campos de Traballo no ano 2016

Listen to this page using ReadSpeaker
3257 lecturas
Información do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 2 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2016 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
11.02.2016
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/as seus/súas familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos/as e con nacionalidade española. Os/as maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no Censo Electoral de Residentes Ausentes.

Número de prazas convocadas e características:

  1. Actividades de aire libre : Convócanse 174 prazas, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, no mes de xullo, co seguinte programa:
    a) “Cultura e camiño”, os/as participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrerán a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

    b) “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.

    Nestas prazas inclúense 10 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 6 para residentes no resto de Europa.
  2. Campos de Traballo: Convócanse 22  prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos. Realizarán actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
    Estas actividades desenvolveranse previsiblemente na segunda quincena do mes de agosto.
    Nestas 22 prazas, inclúense 2 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 2 para residentes no resto de Europa.

Financiamento:
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido na resolución. Aquelas persoas participantes que opten polo financiamento do 0% deberán aboar eles/as todo o custo dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia.

Prazas actividades ao aire libre 2016  (14-17 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 16 17 33 17 12 4 33
Brasil - 5 5 3 1 1 5
Cuba - - 0 - - - 0
Uruguai 20 2 22 13 6 3 22
Venezuela - 12 12 12 - - 12
Resto de América 2 2 4 2 1 1 4
Resto de España - - 0 - - - 0
Resto de Europa 1 1 2 - 1 1 2
TOTAIS 40 40 80 48 22 10 80


 

Prazas actividades ao aire libre 2016  (18-20 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 24 17 41 22 15 14 41
Brasil 2 4 6 4 1 1 6
Cuba - 7 7 7 - - 7
Uruguai 10 4 14 10 3 1 14
Venezuela - 8 8 8 - - 8
Resto de América 2 2 4 2 1 1 4
Resto de España 5 5 10 - - 10 10
Resto de Europa 2 2 4 - 2 2 4
TOTAIS 45 49 94 53 22 19 94


 

Prazas Campos de traballo 2016
PAÍS 100% 50% 0% TOTAL
Arxentina 2 2 1 5
Brasil 1 1 1 3
Cuba 2 - - 2
Uruguai 1 2 1 4
Venezuela 1 1 - 2
Resto de América 1 1 - 2
Resto de España - - 2 2
Resto de Europa - 1 1 2
TOTAIS 9 7 6 22

 

FORMULARIOS DE SOLICITUDE: Picar aquí para acceder á sede electrónica

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo III desta resolución, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    As persoas interesadas que non posúan certificado así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a continuación, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:
    * En Brasil:
    - Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro
    - Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo
    - Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos
    * En Cuba:
    - Federación de Sociedades Gallegas na Habana
    * En Venezuela:
    - Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
  2. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderanse presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do/a solicitante.
  3. Na súa solicitude, as persoas interesadas optarán unicamente por unha das modali­dades (actividades de aire libre ou campos de traballo), e farán constar a súa preferencia para o regreso en función da quincena en que vaian participar.
  4. O modelo normalizado de solicitude tamén poderá obterse nas paxina web https://sede.xunta.es
  5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami­tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
22.03.2016