Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo 2011.
Publicación das listas de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo (Resolución do 29 de decembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, DOG nº4 do 07-01-2011) despois da realizacion do sorteo público daquelas prazas en que o número de solicitudes admitidas supera o número de prazas convocadas para cada país e dentro do seu tramo de idade.
De acordo co artigo 4º.5 (paragrafo 2º) da resolución da convocatoria, os e as interesados/as que quixeran modificar as datas de retorno, disporán de 10 días naturais para modificalas por escrito, tendo en conta que aqueles beneficiarios que desexen quedar en Galicia deben ter familiares nesta comunidade autónoma.
NOTA IMPORTANTE: Os/as que figuren no campo “SELE” coa letra “R”, corresponden ás reservas e, de haber algunha baixa nos beneficiarios/as, serán chamados/as seguindo a orde numérica indicada a continuación da letra "R".
NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:
-Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade de campamentos ou campos de traballo
-Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar unha quincena coa súa familia en Galicia logo de rematar a actividade.
-Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar un mes coa súa familia en Galicia logo de rematar a actividade.
As peticións de cambios de retorno, poden presentalas ben nas delegacións da Xunta de Galicia correspondentes (Montevideo ou Bos Aires), ou ben pódese enviar directamente a petición por fax ao número +34 981 54 72 95 da Secretaría Xeral da Emigración, facendo constar no escrito no caso de quedarse en Galicia os datos dos familiares en Galicia
Listados CAMPAMENTOS*
| PAÍS/ IDADE-DATA |
14-17anos 1-12 xullo |
14-17anos 17-28 xullo |
14-17anos Lista única |
18-20anos 17-28 xullo |
|---|---|---|---|---|
| Arxentina | Descargar | Descargar | Descargar | |
| Brasil | Descargar | Descargar | ||
| Cuba | Descargar | |||
| Uruguai | Descargar | Descargar | Descargar | |
| Venezuela | Descargar | Descargar | Descargar | |
| Resto de América | Descargar | Descargar | Descargar | |
| España e Resto de Europa | Descargar |
NOTA: Os listados non están actualizados cos cambios nas datas de retorno.
- Reunión informativa para os e as participantes en campamentos nas Delegacións de Bos Aires e Montevideo
-AVISO IMPORTANTE: houbo unha modificación na data e lugar de celebración da reunión para os e as participantes da Arxentina de 18 a 20 anos de idade (picar aquí para descargar)
- Listado de Campamento inicial correspondente a cada seleccionado/a (picar aquí para descargar)
- Cadro de instalacións e rotacións para seleccionados/as nos campamentos (picar aquí para descargar)
- Circular informativa campamentos 1ª Quenda (picar aquí para descargar)
- Circular informativa campamentos 2ª Quenda (picar aquí para descargar)
Listados CAMPOS DE TRABALLO
| PAÍS / IDADE | 18-24 anos | 25-30 anos |
|---|---|---|
| Arxentina | Descargar | Descargar |
| Brasil | Descargar | |
| Cuba | Descargar | Descargar |
| Uruguai | Descargar | Descargar |
| Venezuela | Descargar | Descargar |
| Resto de América | Descargar | Descargar |
| España e Resto de Europa |
NOTA: Os listados non están actualizados cos cambio nas datas de retorno.
- Circular informativa campos de traballo (picar aquí para descargar)



