Listas provisionais de admitidos e excluídos ao sorteo do programa de Campamentos e Campos de Traballo. Ano 2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
3507 lecturas
Listados e modelos de emenda para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das Listas Provisionais de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos do programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo (Resolución do 29 de decembro, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº4 do 07-01-2011).

De acordo co disposto no artigo 4º.2 das bases reguladoras da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos, entendendo como:

  • Solicitudes admitidas ao sorteo: as que levan a mención “COMPLETO” na columna “observacións”.
  • Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria  (picar aquí para descargar) sobre a documentación a presentar.
  • Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU  e  ART_EXC  os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna  ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.  

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 13 DE ABRIL INCLUSIVE) para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude. Esta documentación deberá presentarse, nos casos de Arxentina e Uruguai, nas Delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo e, no resto dos casos, poderán prersentarse ben nas entidades colaboradoras para que faga a súa remisión a Secretaría Xeral da Emigración ou ben remitilas directamente o interesado a esta Secretaría Xeral  (fax número 981/54 72 95), xunto co modelo de alegacións (picar aquí para descargar en word | picar aquí para descargar en pdf) que se achega.

Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Listados CAMPAMENTOS

 

14-17 anos

100 % financ.

18-20 anos

100 % financ

14-17 anos

50% financ.

18-20 anos

50 % financ.

Prazo presentación emenda
Arxentina Descargar Descargar Descargar Descargar 13 de abril de 2011
Brasil Descargar Descargar Descargar Descargar 13 de abril de 2011
Cuba   Descargar     13 de abril de 2011
Uruguai Descargar Descargar Descargar Descargar 13 de abril de 2011
Venezuela Descargar Descargar Descargar   13 de abril de 2011
Resto de América Descargar Descargar     13 de abril de 2011
España e resto de Europa Descargar   Descargar   13 de abril de 2011

 

Listados CAMPOS DE TRABALLO

 

18-24 anos

100 % financ

25-30 anos

100% financ.

18-24 anos

50% financ.

25-30 anos

50% financ.

Prazo presentación emenda
Arxentina Descargar Descargar Descargar Descargar 13 de abril de 2011
Brasil Descargar   Descargar   13 de abril de 2011
Cuba Descargar Descargar     13 de abril de 2011
Uruguai Descargar Descargar Descargar Descargar 13 de abril de 2011
Venezuela Descargar Descargar     13 de abril de 2011
Resto de América Descargar Descargar     13 de abril de 2011
España e Resto de Europa         13 de abril de 2011

 

Data de publicación: 
31.03.2011