Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro do "Programa 4. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior". Ano 2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
2219 lecturas
Publicación dos Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro do Programa 4. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior da resolución do 1 de decembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2011.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro do Programa 4. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior da Resolución do 1 de decembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2011 (D.O.G. nº 235, do 9/12/2010), e de acordo co establecido no artigo 8º.2 e 15º da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou non achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2. C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.

As contestacións ás solicitudes de información polo solicitante terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com

Ver Anexo con listado: (picar aquí para descargar)

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2011.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
24.02.2011
Data fin de prazo: 
08.03.2011
Listas a convocatoria asociadas: