Requirimento Nº 1 de emenda de documentación xustificativa do Programa 4. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
1222 lecturas
Estado: 
Procedemento pechado

REQUIRIMENTO Nº 1 (*)


ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA Nº 1 DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PRESENTADA POLAS ENTIDADES QUE SE INDICAN AO ABEIRO DO PROGRAMA 4. AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DOS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR  DA RESOLUCIÓN DO 1 DE DECEMBRO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES A DIVERSOS PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2011

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro do Programa 4. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior da Resolución do 1 de decembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2011 (D.O.G. nº 235, do 9/12/2010), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións ás solicitudes de información terán un carácter meramente informativo para a entidade solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 15º da resolución de convocatoria.
 

-Anexo VII (picar aquí para descargar)
-Anexo VIII (picar aquí para descargar)

Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse tódolos cambios realizados.




Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2011.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande



(*) Proximamente, con posterioridade ao vencemento do prazo de xustificación, publicarase o Requirimento Nº 2 deste programa, que incluirá o resto das entidades que tivesen presentado a documentación xustificativa e esta non estea completa.

Data de publicación: 
21.09.2011
Data fin de prazo: 
03.10.2011
Listas a convocatoria asociadas: