Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ó amparo da convocatoria de programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior (PROG. 1-2-3-4)

Listen to this page using ReadSpeaker
290 lecturas
Anexos con listado de entidades.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: Publicación dos REQUIRIMENTOS DE EMENDA das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ó amparo da convocatoria de programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior  (PROG. 1-2-3-4).

No DOG nº 33, do 16-02-2023, publicouse a Resolución do 17 de xaneiro de 2023 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas actuación en favor das entidades galegas no exterior para este exercicio.

Esta convocatoria regula os seguintes programas: Programa 1.- Gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior. Programa 2.- Proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude. Programa 3.- Accións de especial relevancia. Programa 4.- Participación na reunión do pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas.

Logo de revisar as solicitudes presentadas e a documentación que acompañan comprobouse que as correspondentes ás entidades que se indican no anexo deste anuncio non están completas, ben porque na solicitude non cubriron campos de información obrigatoria ou ben porque non acompañan ou é incorrecta a documentación que esixe a convocatoria.
Os defectos detectados na solicitude de cada entidade e programa indícanse no anexo deste anuncio.

Mediante esta publicación requíreselle a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (https://emigración.xunta.gal –apartado Listas a convocatorias), acheguen os documentos preceptivos, e/ou emenden o/s defecto/s, que para cada entidade se sinalan (art. 10.3 e 20 da orde da convocatoria).

A documentación requirida deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada. (As entidades con sede social en España obrigatoriamente a través da sede electrónica)

No caso de non achegar a documentación requirida, ou de non emendar o/s defecto/s sinalados dentro do prazo citado, terase por desistida á entidade da súa solicitude, cumprindo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo, rúa Basquiños, 2. C.P. 15704, Santiago de Compostela, ou ós números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. (As respostas terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición).

Esta publicación realízase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web citada.

  • Requirimentos Programa 1- Gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior (Descargar)
  • Requirimentos Programa 2 - Proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude (Descargar)
  • Requirimentos Programa 3 - Accións de especial relevancia (Descargar)
  • Requirimentos Programa 4 - Participación na reunión do pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas (Descargar)

Santiago de Compostela,  
A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Isabel Martínez Pellicer

Data de publicación: 
11.05.2023
Data fin de prazo: 
29.05.2023