Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ó amparo da convocatoria de programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior (PROG. A e B)

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

77 lecturas
Anexos con listado de entidades.
Estado: 
Procedemento aberto

ASUNTO: Publicación dos REQUIRIMENTOS DE EMENDA das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ó amparo da convocatoria de programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior  (PROG. A e B).

No DOG nº 47, do 10-03-2020, publicouse a Resolución do 24 de febreiro de 2020 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior  para este exercicio.

Esta convocatoria corresponde ós Programas: Programa A.- Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das instalacións e/ou patrimonio cultural e Programa B.- Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

O prazo para a presentación de solicitudes rematou o 30-06-2020.

Logo de revisar as solicitudes presentadas e a documentación que acompañan comprobouse que as correspondentes ás entidades que se indican no anexo deste anuncio non están completas, ben porque na solicitude non cumprimentaron campos de información obrigatoria ou ben porque non acompañan ou é incorrecta a documentación que esixe a convocatoria.

Os defectos detectados na solicitude de cada entidade e programa indícanse no anexo deste anuncio.

Mediante esta publicación requíreselle a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (http://emigración.xunta.gal –apartado Listas a convocatorias), acheguen os documentos preceptivos, e/ou emenden o/s defecto/s, que para cada entidade se sinalan (art. 10.3 e 20 da orde da convocatoria).

A documentación requirida deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada. (As entidades con sede social en España obrigatoriamente a través da sede electrónica).

No caso de non achegar a documentación requirida, ou de non emendar o/s defecto/s sinalados dentro do prazo citado, terase por desistida á entidade da súa solicitude, cumprindo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo, na Praza de Mazarelos, 15. C.P. 15703, Santiago de Compostela, ou ós números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. (As respostas terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición).

Esta publicación realízase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web citada.

  • Requerimentos Programa A. Axudas para obras de ampliación, rehabilitación e conservación das instalacións e/ou Patrimonio Cultural  2020 (picar aquí para descargar)

 

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas

 

Antonio Casas Calviño

Data de publicación: 
30.07.2020
Data fin de prazo: 
13.08.2020