Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo do "Programa 1: Liña I .-Axudas para gastos de funcionamento, e, Liña II.-Axudas para proxectos culturais..." Ano 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
1269 lecturas
Anexo con listado de entidades.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: Publicación dos Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo do PROGRAMA 1:  Liña I .-Axudas para gastos de funcionamento, e, Liña II.-Axudas para proxectos culturais, proxectos promovidos pola mocidade, accións informativas, e outros.

No DOG nº 39, do 26-02-2014, publícase a Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2014.

Nesta convocatoria figura o Programa 1: Axudas para gastos de funcionamento e proxectos de actividades promovidos polas entidades galegas no exterior. Este programa componse de dúas liñas: Liña I: Axudas para o financiamento de gastos de funcionamento das entidades galegas, e Liña II: Axudas para proxectos culturais, promovidos pola mocidade, para accións informativas ou para o cumprimento dos seus fins, cuxas solicitudes se tramitan e resolven conxuntamente.

O prazo para a presentación de solicitudes rematou o 07-04-2014.

Logo de revisalas solicitudes presentadas e a documentación que acompañan comprobouse que as correspondentes ás entidades que se indican no anexo deste anuncio non están completas, ben porque na solicitude non cumprimentaron campos de información obrigatoria ou ben porque non acompañan ou é incorrecta a documentación que esixe a convocatoria.

Os defectos detectados na solicitude de cada entidade indícanse no anexo deste anuncio na columna titulada Causa: Identificación do documento e/ou emenda.

Mediante esta publicación requíreselle a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (http://emigración.xunta.es – apartado Listas a convocatorias), acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, e/ou emenden o/s defecto/s, que para cada entidade se sinalan  (arts. 9.3 e 15 da orde da convocatoria).

No caso de non achegar a documentación requirida, ou de non emendar o/s defecto/s  dentro do prazo citado, terase por desistida á entidade da súa solicitude, cumprindo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo, na Rúa dos Basquiños, 2. C.P. 15704, Santiago de Compostela, ou ós números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. (As respostas terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición).

Esta publicación realízase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web citada.
 

 

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014
O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Ramón Brigos Fernández

Data de publicación: 
20.05.2014
Data fin de prazo: 
02.06.2014