Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
2836 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2014.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
26.02.2014
Estado: 
Procedemento pechado

Entidades beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
  2. Igualmente, e de conformidade co establecido nas disposicións transitorias terceira e cuarta da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, tamén poderán ser beneficiarias as entidades recoñecidas pola normativa anterior á dita lei.
    No programa 1, liña I –gastos de funcionamento–, só se concederán axudas ás entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas ou de centros colaboradores da galeguidade.
    No programa 1, liña II –proxectos de actividades–, poderán concederse subvencións a calquera entidade recoñecida.
    No programa 2 –accións de especial relevancia– só se concederán axudas ás entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas.
  3. Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión en canto o dito proceso non estea rematado.

Data límite de presentación de solicitudes: ata o 7 de abril de 2014 (inclusive)

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento e proxectos de actividades promovidos polas entidades galegas do exterior.
        – Liña I: axudas para o financiamento de gastos de funcionamento das entidades galegas.
        – Liña II: axudas para proxectos culturais, promovidos pola mocidade, para accións informativas ou para o cumprimento dos seus fins.
  • Programa 2. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas que teñan como obxectivo a promoción cultural, social ou económica de Galicia ou da propia entidade.

Solicitudes: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) para todos os programas/liñas


FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación das solicitudes:

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
  • Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.
  • En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse á Secretaría Xeral da Emigración, sita na rúa Os Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
07.04.2014