Requirimento de emenda das axudas e subvencións a programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior 2009
Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro da Resolución do 17 de xuño de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 (D.O.G. nº 121, do 23/06/2009), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.
Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral de Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.
Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.
As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.
A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 47º da resolución de convocatoria.
Programas:
-
Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servicios socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes.
- Motivos de emenda do Programa 1
-
Programa 2: Axudas para promover a realización de exposicións, conferencias, cursos de formación e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
- Motivos de emenda do Programa 2
-
Programa 3: Axudas para a edición de libros, publicación de revistas e outras accións de carácter informativo.
- Motivos de emenda do Programa 3
-
Programa 4: Axudas para a realización de proxectos promovidos pola xuventude.
- Motivos de emenda do Programa 4
-
Programa 5: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
- Motivos de emenda do Programa 5
-
Programa 6: Axudas para a contratación de grupos musicais, de teatro e outras manifestacións culturais.
- Motivos de emenda do Programa 6
-
Programa 7: Axudas para a subscrición a publicacións e revistas de carácter periódico.
- Motivos de emenda do Programa 7
-
Programa 8: Axudas para a adaptación dos nomes e reforma dos estatutos das entidades galegas no exterior.
- Motivos de emenda do Programa 8