Requerimentos de emenda das solicitudes para a reforma, reparación, conservación e mantemento das instalacións (Programa A)

Listen to this page using ReadSpeaker
1555 lecturas
Publicación dos requeriementos de emenda das solicitudes de axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro do Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións da Resolución do 17 de xuño de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 (D.O.G. nº 120, do 22/06/2009), e de acordo co establecido no artigo 24.3 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral de Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarse simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com

Descargar listado

Nota: A documentación requirida deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada.

Data de publicación: 
02.09.2009
Data fin de prazo: 
12.09.2009