Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2009
Nome do programa: Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009
Destinatarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador.
Características:
Programas de axudas e subvencións
- Programa A: Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
- Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
- Programa C: Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das blibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior.
- Programa D: Axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior.
Lugar e prazo de presentación:
As solicitudes de axudas e subvencións dirixiránse á:
Secretaría Xeral da Emigración
Rúa Básquiños, 2
15704 Santiago de Compostela
A Coruña
A documentación presentada polas entidades deberá ser asinada polo secretario co viso e prace do presidente.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 22 de Xullo de 2009.
Resolución: Resolución do 17 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestructural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009.
Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 120, do Luns 22 de Xuño de 2009.
Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración
Ano: 2009
Data de publicación: 22 de Xuño de 2009
Listados: Publicadas as listas de requerimentos dos programas A, B, C e D
Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos do programa directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todolos cambios realizados.
![]() Documentación asociada | |
---|---|
![]() | 268.51 KB |
![]() | 197.42 KB |
![]() | 201.95 KB |
![]() | 201.95 KB |
![]() | 201.95 KB |
![]() | 201.95 KB |
![]() | 802.82 KB |
![]() | 809.22 KB |
![]() | 808.76 KB |
![]() | 808.77 KB |
![]() | 808.74 KB |
![]() | 89.45 KB |
![]() | 134.44 KB |