PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS, ASÍ COMO DAQUELAS ÁS QUE SE LLES REQUIRE DOCUMENTACIÓN, PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS 2025
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS, ASÍ COMO DAQUELAS ÁS QUE SE LLES REQUIRE DOCUMENTACIÓN, PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS 2025 (Resolución do 15 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Núm. 27 do 10 de febreiro).
De acordo co disposto no artigo 10.3 da resolución, publícase a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas, e ábrese o prazo para emendar a solicitude ou formular alegacións.
As solicitudes admitidas levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO DA SOLICITUDE, as solicitudes incompletas levan a mención “REQUIRIDA” e un código para os efectos de identificar os documentos que se requiren.
Na listaxe de INADMITIDAS figuran os motivos de incumprimento nun código, para os efectos de identificar as causas de inadmisión da solicitude da entidade ou dalgunha das modalidades solicitadas.
As entidades interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 14 de maio de 2025) para achegar documentación e ou formular alegacións. Transcorrido ese prazo sen achegar a documentación requirida, ou non emendar o/s defecto/s sinalados, esta secretaría poderá considerar que esa entidade desiste da solicitude ou aplicarlle a puntuación mínima do baremo no concepto que corresponda.
As entidades solicitantes poderán consultar o texto completo das bases ao final desta páxina.
| Escolas Abertas 2025 |
|---|
| RELACIÓN PROVISIONAL DE SOLICITUDES COMPLETAS E REQUIRIDAS |
| RELACIÓN PROVISIONAL DE SOLICITUDES INADMITIDAS A TRÁMITE |



