Escolas Abertas para entidades galegas do exterior. Ano 2025
Normas de presentación das solicitudes (nova para as entidades de América e do resto de Europa):
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Obxecto
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa de escolas abertas, obradoiros de carácter presencial, dirixidos ás persoas que están a tomar a remuda nos cargos directivos nas entidades galegas do exterior ou son susceptibles de facelo, e ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega ou forman parte do grupo de baile ou música da entidade e se comprometen a apoiar a súa labor docente na modalidade que corresponda, da confección de traxes tradicionais galegos para a entidade, ou responsables da cociña nas ditas entidades co fin de profundar no coñecemento da nosa cultura e colaborar na formación das persoas que axudan a difundir e manter viva a nosa identidade na Galicia exterior.
Características do programa:
O programa consiste no desenvolvemento de obradoiros de especialización de carácter presencial que se levarán a cabo na primeira quincena de xullo, e consta das seguinte modalidades:
- a) Culturais:
- Baile tradicional galego.
- Canto popular e pandeireta.
- Gaita tradicional galega.
- Percusión tradicional galega.
- Confección de traxe tradicional galego.
- Cociña galega.
- b) Formación de persoal directivo.
Entidades beneficiarias e requisitos:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas do exterior que cumpran os seguintes requisitos:
1. Para as solicitudes de persoal docente de actividades de cultura tradicional galega ou da confección de traxe tradicional:
As entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías do artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade que:
- a) Teñan constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade que soliciten, con actividade continuada.
- b) No caso de que as entidades, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tiveran grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.
- c) Para solicitar o obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá certificar que ten grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos.
As persoas solicitantes das modalidades anteriores deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e responsables de impartir a docencia na modalidade solicitada ou, no caso das modalidades de folclore, de formar parte do grupo de baile ou música e comprometerse a apoiar a labor docente na especialidade que corresponda, dentro da entidade solicitante.
2. Para as solicitudes de persoal responsable de cociña
Poderán ser beneficiarias desta modalidade as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean inscritas nas seccións de comunidades galegas, centros colaboradores ou federacións de entidades do Rexistro da Galeguidade que conten con servizo de cociña ou comedor que ofreza menús elaborados. Este dato debe coincidir co que figure no Rexistro da Galeguidade.
As persoas propostas deben estar traballando na cociña ou comedor da entidade galega solicitante, xa a xestionen directamente ou teñan arrendada ou cedida a unha terceira persoa, e ter unha experiencia superior a un ano desde a data de publicación da convocatoria.
3. Para as solicitudes de formación de persoal directivo:
Poderán ser beneficiarias desta modalidade as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade como Comunidades Galegas, Centros colaboradores ou Federacións de Entidades e as persoas propostas deberán ter unha idade comprendida entre os 18 e 49 anos e formar parte da Xunta Directiva da entidade, polo menos, durante un ano desde a data do remate do prazo de presentación de solicitudes ou ser socio/a da entidade e comprometerse a exercer apoio á súa xestión durante dous anos, ben sexa como parte da Xunta Directiva, ben como persoal voluntario colaborador.
4. Non poderán ser beneficiarias as entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As entidades só poderán solicitar unha candidatura por modalidade e non poderán propoñer a participación de persoas que non teñan a nacionalidade española ou que participasen no programa de Escolas Abertas máis de dúas veces nas últimas catro convocatorias, en calquera modalidade. Se así for quedarán excluídos.
Documentación:
1. Documentación xeral:
- a) Certificado de residencia fiscal emitido en 2025 polas autoridades competentes do país de residencia no suposto de entidades que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español.
- b) Ficha de cada unha das persoas propostas pola entidade (anexo II).
- c) Documento identificativo da persoa proposta pola entidade no caso de non dispor de DNI ou NIE.
- d) Breve currículo da persoa proposta con especial referencia aos coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do obradoiro. No suposto dos obradoiros de persoal directivo con especial referencia á formación académica e a súa experiencia en xestión.
- e) Unha declaración da persoa proposta comprometéndose a investir os coñecementos adquiridos no seo da entidade durante polo menos dous anos.
No caso dos obradoiros de cociña galega, esta declaración referirase ao compromiso de incluír no menú da entidade todos ou parte dos pratos aprendidos.
No caso de formación de persoal directivo, na declaración a persoa aspirante referirare ao compromiso de exercer apoio á xestión da entidade ben sexa como parte da Xunta Directiva, ben como persoal voluntario colaborador.
2. Documentación específica para os obradoiros de baile, gaita, percusión tradicional e canto popular e pandeireta:
- a) Certificación da entidade relativa ao funcionamento da/s escola/s ou grupos cos que conta e ao número de alumnos/as que compoñen as escolas (anexo III).
- b) Unha gravación en formato dixital de uso común da modalidade solicitada, que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.
3. Documentación específica para os obradoiros de confección de traxe tradicional galego:
- Certificación da entidade, relativa ao funcionamento do/s grupo/s co/s que conta (Anexo III).
Este dato debe coincidir co que figure no Rexistro da Galeguidade.
b) Certificación da entidade na que acredite a experiencia en corte e confección de traxe tradicional galego (anexo I) e, no seu caso, copia do título de corte e confección.
4. Documentación específica para o obradoiro de cociña galega:
- a) Certificación da entidade de que conta con servizo de cociña ou comedor (restaurante ou cafetaría), que ofrece menús elaborados e de que xestiona ou de que ten arrendada ou cedida a súa xestión (anexo IV).
Este dato debe coincidir co que figure no Rexistro da Galeguidade.
- b) Certificación da entidade na cal acredite a experiencia da persoa proposta como responsable na súa cociña durante, polo menos, un ano anterior á data da convocatoria (anexo II) e, de ser o caso, copia do título oficial de cociña.
5. Documentación específica para o obradoiro de formación de persoal directivo:
- a) Certificación de que a persoa proposta é socia da entidade ou forma parte da xunta directiva, segundo o caso (anexo II).
- b) Unha gravación en formato dixital de uso común da persoa aspirante que non exceda os catro minutos na que expoña a súa formación e/ou experiencia en tarefas de xestión de entidades e as súas motivacións para participar no obradoiro.
Solicitudes e documentación:
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: | Sede electrónica da Xunta de Galicia |
- Texto completo da convocatoria no D.O.G.: picar aquí para descargar
- Extracto da convocatoria no D.O.G.: picar aquí para descargar
- Documento informativo da convocatoria: picar aquí para descargar
Máis información:
- Acceso - Sede Electrónica "Chave365" (enlace a Youtube)
Lugar de presentación:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 957 353 - 981 547 256
Correo electrónico: subdireccionxeral.emigracion@xunta.gal



