Publicación dos requerimentos de emenda das solicitudes de subvencións a concellos, mancomunidades e consorcios para procesos de acollida para o ano 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1468 lecturas
Examinadas as solicitudes requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos indicados a cada entidade como motivo da emenda.
Estado: 
Procedemento pechado

Advírtese que, segundo o artigo 71.1 da Lei 30/1993, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de non emendar a falta ou achegar a documentación requerida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 72 74 e 981 54 72 72.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com

Listado de entidades que deben enmendar as solicitudes

Se o desexa, tamén pode descargar a resolución completa nun arquivo pdf mediante o seguinte enlace:

Resolución

NOTA: Segundo o establecido no artigo 8.1 da Resolución do 29 de maio de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009, a documentación que se presente coa solicitude deberá achegarse en orixinal ou copia compulsada, polo que a documentación requerida deberá ser presentada tamén en orixinal ou copia compulsada.

Data de publicación: 
22.07.2009