Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1814 lecturas
A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, no ano 2009.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009. 

Destinatarios: As subvencións que se convocan pola presente resolución poderán ser solicitadas por aqueles concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma galega que cumpran, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, os requisitos especificados na resolución correspondente (artigo 2ª). 

Lugar e prazo de presentación:

Ata o 6 de Xullo do 2009

As solicitudes de axuda dirixiranse á:
Secretaría Xeral da Emigración:
Rúa Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela (A Coruña) 

Resolución: Resolución do 29 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009. 

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 109, do Venres 5 de Xuño de 2009. 

Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración. 

Ano: 2009 

Contacto:

  • Nos teléfonos da Secretaría Xeral de Emigración: 981547267, 981547274 e 981547272.
  • E na dirección da mesma: rúa Basquiños, 2; 15704-Santiago de Compostela.

Documentación:

Data de publicación: 05 de Xuño de 2009

Listados: Publicado o listado para emendar a documentación