Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas do procedemento para a participación no programa Conecta con Galicia 2024
LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CON GALICIA (PR930A) 2024, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 8 DE ABRIL DO 2024 (DOG NÚM. 76 DO 17 DE ABRIL)
En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 8 de abril de 2024 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación do programa CONECTA CON GALICIA, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por países, sinalando, no seu caso, a documentación que debe achegar ou emendar ou a causa de exclusión, así como o correspondente artigo da Resolución incumprido.
A fin de facilitar a lectura, os/as solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse pulsando na cadro que corresponda:
| PAÍS | LISTAXES | DATA PUBLICACIÓN | PRAZO DE EMENDA DE SOLICITUDE |
|---|---|---|---|
| ARXENTINA | Descargar | 5 de xuño de 2024 | Ata o 15 de xuño de 2024 |
| BRASIL | Descargar | 5 de xuño de 2024 | Ata o 15 de xuño de 2024 |
| EUROPA | Descargar | 5 de xuño de 2024 | Ata o 15 de xuño de 2024 |
| URUGUAI | Descargar | 5 de xuño de 2024 | Ata o 15 de xuño de 2024 |
| RESTO DE AMÉRICA | Descargar | 5 de xuño de 2024 | Ata o 15 de xuño de 2024 |
Os documentos que se acheguen para completar o expediente e os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia na que presentou a solicitude, que será a encargada da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. Ou, de non existir algunha preto da localidade de residencia, no rexistro xeral do Consulado de España mais próximo.



