Reencontros con Galicia 2025 (EM926G)

Listen to this page using ReadSpeaker
3451 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o programa de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros con Galicia, dirixido a persoas emigrantes maiores de 65 anos que residan en América, e procédese á súa convocatoria para o ano 2025 (procedemento EM926G).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
27.05.2025
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Reencontros con Galicia para o ano 2025 e convocar as axudas para este ano. A finalidade do programa é facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior o contacto coa realidade galega actual e o reencontro cos seus familiares, mediante unha estadía nunha residencia de tempo libre dependente da Xunta de Galicia e posteriormente coas súas familias, se así o desexan.

As axudas consistirán no financiamento total ou parcial do custo da viaxe de ida e volta dende os seus países de residencia ata Galicia, así como a estadía na residencia das persoas emigrantes galegas entre os días 6 e 16 de outubro.

Colaboran:

  • Consellería de Política Social e Igualdade.

Persoas participantes:

Para poder optar a este programa, as persoas solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser persoa emigrante galega.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Residir en América de maneira continuada, como mínimo, desde o ano 2015 ata 2025.
  • Ter cumpridos 65 anos na data de inicio da actividade: 6 de outubro de 2025.
  • Non ter participado en programas de viaxes a Galicia organizados pola Secretaría Xeral da Emigración desde o ano 2020 en diante.
  • Acreditar que se valen por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a convivencia normal, estar en boas condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración e participar en actividades lúdicas e saídas culturais en autocar polo entorno, mediante os correspondentes informes médicos debidamente actualizados.
  • Para optar ás prazas con viaxes financiadas ao cen por cen pola Secretaría Xeral da Emigración, deben acreditar carecer de ingresos suficientes segundo o disposto no apartado g) do artigo 1 da Resolución. O resto das persoas solicitantes deben optar por unha das prazas ofertadas na modalidade de copagamento e aboar 600 € á empresa adxudicataria do servizo dos desprazamentos internacionais tras a concesión.
  • No caso de que desexen prolongar a súa estadía en Galicia durante 15 días, deberán presentar unha declaración responsable asinada por un/unha familiar maior de idade ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade, segundo o modelo do anexo V da Resolución.
  • As persoas solicitantes con 85 anos cumpridos a 6/10/25 deberán viaxar acompañadas por un/unha familiar que teña entre 30 e 70 anos e cumpra os requisitos establecidos no artigo 1.3.

En xeral, as persoas solicitantes que así o desexen poden vir acompañadas polo seu cónxuxe ou persoa unida a elas por unha relación de afectividade análoga coa que leven convivindo, cando menos, durante o último ano completo, así como por un/unha fillo/a ou irmán/irmá, coa que compartirán habitación.

En todo caso, as persoas acompañantes dos solicitantes que resulten beneficiarios ocuparán unha das 200 prazas convocadas, terán a condición de participantes e o tipo de axuda que perciban será o mesmo que lle corresponda á persoa á que acompañen.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Desde o 28/05/2025 ata o 27/06/2025

Lugar e presentación das solicitudes:

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: Sede electrónica da Xunta de Galicia

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado EM926G, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras que as poderán presentar en nome dos solicitantes, mediante a oportuna autorización:

  • Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • Brasil:
    • Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro, Santos.
    • Asociación Cultural Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía.
  • Cuba: Federación de Sociedades Galegas na Habana.
  • Venezuela: Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.
  • Resto de países: nos rexistros dos Consulados de España.

Tamén poderán presentarse presencialmente na Secretaría Xeral da Emigración (Praza de Mazarelos, 1 – 15703 Santiago de Compostela) ou no resto de rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Distribución inicial de prazas:

PAÍS DE RESIDENCIA Nº TOTAL DE PRAZAS PRAZAS FINANCIADAS 100% PRAZAS COPAGO 600€
ARXENTINA 85 51 34
BRASIL 33 20 13
CUBA 15 15 0
URUGUAI 30 18 12
VENEZUELA 25 22 3
RESTO DE AMÉRICA 12 8 4
TOTAL 200 134 66

 

Documentación para consultar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
27.06.2025