Listaxes provisionais de persoas solicitantes admitidas e excluídas para ser candidatas a participar no programa "Reencontros con Galicia" 2026 (EM926G), convocado pola Secretaría Xeral da Emigración
De conformidade co disposto no artigo 12.2 da Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros con Galicia, dirixido a persoas emigrantes maiores de 65 anos residentes no exterior, e se convocan para o 2026 (DOG núm. 88, do 13 de maio), publícanse as listaxes provisionais de persoas solicitantes admitidas e excluídas por países con indicación, no seu caso, da documentación que deben achegar e o prazo, así como das causas de inadmisión /exclusión do procedemento.
Advertencia:
A APARICIÓN NA RELACIÓN DE ADMITIDOS NON SIGNIFICA TER PRAZA ASEGURADA, SENÓN QUE PARTICIPARÁN NO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A SÚA OBTENCIÓN.
DESPOIS DO PRAZO DE 10 DÍAS QUE SE OUTORGA PARA EMENDAR OU COMPLETAR O EXPEDIENTE DE SOLICITUDE, E DE VALORAR A DOCUMENTACIÓN ACHEGADA, PUBLICARANSE AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS EXCLUÍDAS E ADMITIDAS, CONCRETANDO, DENTRO DESTE ÚLTIMO GRUPO, AS QUE RESULTARON BENEFICIARIAS (COA PERSOA ACOMPAÑANTE, NO SEU CASO) E AS QUE QUEDAN EN LISTA DE RESERVA.
As relacións provisionais de solicitudes admitidas e excluídas pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:
| PAÍS | DESCARGAR | DÍA DE PUBLICACIÓN | PRAZO PARA A ENMENDA DA SOLICITUDE |
| ARXENTINA | Descargar | 31/07/2026 | Ata o día 14/08/2026, ás 23.59 hora local |
| BRASIL | Descargar | 31/07/2026 | Ata o día 14/08/2026, ás 23.59 hora local |
| CUBA | Descargar | 31/07/2026 | Ata o día 14/08/2026, ás 23.59 hora local |
| URUGUAI | Descargar | 31/07/2026 | Ata o día 14/08/2026, ás 23.59 hora local |
| VENEZUELA | Descargar | 31/07/2026 | Ata o día 14/08/2026, ás 23.59 hora local |
| EUROPA | Descargar | 31/07/2026 | Ata o día 14/08/2026, ás 23.59 hora local |
| RESTO DE AMÉRICA | Descargar | 31/07/2026 | Ata o día 14/08/2026, ás 23.59 hora local |
Os escritos de emenda da solicitude e a achega de documentos requiridos deben presentarse preferentemente nas oficinas da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo ou na entidade colaboradora do país de residencia, que se encargarán da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración, ou, se non é posible, pola mesma vía de presentación da solicitude.



