Reencontros con Galicia 2026 (EM926G)
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá o procedemento para a concesión de axudas correspondentes ao programa Reencontros con Galicia para o ano 2026, que ten por finalidade facilitar ás persoas maiores galegas residentes no exterior o contacto coa realidade galega actual e o encontro cos seus familiares mediante un período de estadía en Galicia, entre os días 7 e 17 de outubro, e o desenvolvemento dun programa de actividades socioculturais. Co fin de reforzar os lazos familiares, prevese a posibilidade de que os participantes poidan prorrogar a súa estadía, pola súa conta, durante un período aproximado de quince (15) días máis.
As axudas incluirán o financiamento, total ou parcial, do custo dos desprazamentos de ida e volta desde os seus países de residencia ata Galicia, a prestación dos servizos de aloxamento en réxime de pensión completa e das actividades programadas.
Persoas participantes
Poderán ser beneficiarias das axudas as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
- a) Ser unha persoa emigrante galega
- b) Posuír a nacionalidade española
- c) Residir no exterior de maneira continuada, como mínimo, durante os dez (10) últimos anos naturais (2016-2026)
- d) Ter 65 anos a 7 de outubro de 2026
- e) Non ter participado nos últimos dez (10) anos naturais en programas de viaxes a Galicia organizados pola Secretaría Xeral da Emigración, isto é, desde 2017 en diante. Excepcionalmente, cando nalgún dos países ou áreas xeográficas indicadas no anexo I non haxa ningún solicitante que cumpra este requisito para cubrir as prazas ofertadas, o titular da Secretaría Xeral da Emigración poderá reducir a cinco (5) o número de anos arriba indicado. Neste caso limitarase o número de prazas asignado ao 50%
- f) Acreditar que se vale por si mesma para realizar as actividades básicas da vida diaria, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia, estar en boas condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración e para realizar actividades lúdicas e saídas culturais en autocar pola contorna, mediante os correspondientes informes médicos debidamente actualizados
- g) Os solicitantes de América que opten a unha das prazas financiadas ao cen por cen pola Secretaría Xeral da Emigración terán que acreditar que carecen de ingresos suficientes, segundo o disposto no apartado g) do art. 3 da Resolución. O resto das persoas solicitantes deben optar por unha das prazas ofertadas na modalidade de copagamento consonte o especificado no anexo I desta convocatoria e aboar á empresa que resulte adxudicataria do servizo dos desprazamentos internacionais, a cantidade de 600 € ou 250 €, segundo residan en América ou Europa, no prazo de dez días contados a partir da publicación da resolución de concesión das axudas
- h) No suposto de que decidisen prolongar a súa estadía en Galicia durante quince días, presentar unha declaración responsable asinada por algún familiar maior de idade ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade, segundo o modelo do anexo V da Resolución
As persoas solicitantes con 85 anos cumpridos a 7 de outubro de 2026, salvo en supostos excepcionais que serán obxecto de valoración pola Secretaría Xeral da Emigración, deben vir acompañadas por outra persoa da súa familia ata o cuarto grao de consanguinidade que teña unha idade entre 30 e 70 anos a 7 de outubro de 2026.
En xeral, as persoas solicitantes que queiran poden vir acompañadas polo cónxuxe ou persoa a elas unida por unha relación de afectividade análoga coa que leve convivindo, polo menos, durante o último ano completo, ou por un/unha fillo/a ou irmán/á, coa que compartirán habitación.
Prazo de presentación de solicitudes
- Dende o 14/05/26 ata o 15/06/2026
Forma e lugar de presentación das solicitudes
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES | Sede electrónica da Xunta de Galicia |
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), o a través das seguintes entidades colaboradoras que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización.
- En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
- En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
- En Brasil:
- Peña Gallega de la Casa de España de Río de Janeiro
- Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrucción de Sao Paulo
- Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro, Santos
- Asociación Cultura Caballeros de Santiago en Salvador de Bahía
- En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
- En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
- No resto dos países: nos rexistros xerais dos Consulados de España
Poderán presentar tamén as solicitudes de xeito presencial na Secretaría Xeral da Emigración (Praza de Mazarelos, 1 – 15703 Santiago de Compostela) o no resto de rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Distribución inicial de prazas
| PAÍS DE RESIDENCIA | Nº TOTAL DE PRAZAS | PRAZAS FINANCIADAS 100% | PRAZAS COPAGO 600€ |
| ARXENTINA | 85 | 51 | 34 |
| BRASIL | 33 | 20 | 13 |
| CUBA | 15 | 15 | 0 |
| URUGUAI | 30 | 18 | 12 |
| VENEZUELA | 25 | 22 | 3 |
| RESTO DE AMÉRICA | 12 | 8 | 4 |
| EUROPA | 50 | 0 | 50 |
| TOTAL | 250 | 134 | 116 |
Documentación para consultar
- Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. : (picar aquí para descargar)



