Listaxes provisionais dos/as solicitantes admitidos/as para ser candidatos/as a participar no programa Conecta Voluntariado Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
230 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES PROVISIONAIS DOS/AS SOLICITANTES ADMITIDOS/AS PARA SER CANDIDATOS/AS A PARTICIPAR NO PROGRAMA CONECTA VOLUNTARIADO GALICIA (PR930C), CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 13 DE XUÑO DO 2023 (DOG Núm. 119 DO 23 DE XUÑO).

De conformidade co disposto no artigo 9.3 da Resolución do 13 de xullo de 2023 da Secretaría Xeral da Emigración, que regula as bases reguladoras do procedemento de axudas para a participación no Programa Voluntariado Galicia e convoca as do ano 2023, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas por países, sinalando, no caso de que presentaran a solicitude con erros ou sen a documentación complementaria preceptiva, o correspondente requirimento.

UNHA VEZ QUE TODAS AS SOLICITUDES FOSEN EMENDADAS OU TRANSCORRIDO O PRAZO DE 10 DÍAS, REALIZARASE A SELECCIÓN DOS/AS CANDIDATOS/AS DE ACORDO COS CRITERIOS DE PRELACIÓN ESTABLECIDOS NA RESOLUCIÓN DE CONVOCATORIA E PUBLICARANSE AS LISTAXES DAS PERSOAS SELECCIONADAS E AS LISTAXES DE RESERVA.

As relacións provisionais de solicitudes admitidas pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:

PAÍS LISTADO DÍA DE PUBLICACIÓN PRAZO EMENDA DA SOLICITUDE
Arxentina Descargar 27 de xullo 2023 Ata o 7 de agosto 2023
Brasil Descargar 27 de xullo 2023 Ata o 7 de agosto 2023
Cuba Descargar 27 de xullo 2023 Ata o 7 de agosto 2023
Uruguai Descargar 27 de xullo 2023 Ata o 7 de agosto 2023
Venezuela Descargar 27 de xullo 2023 Ata o 7 de agosto 2023

 

Os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, nas oficinas da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia, que se encargará da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración ou, se non hai, no rexistro xeral do Consulado de España máis próximo. 

Pode empregar este modelo (picar aquí para descargar en Word) (picar aquí para descargar en PDF).

Data de publicación: 
27.07.2023
Data fin de prazo: 
07.08.2023