Conecta Voluntariado Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
937 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 13 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o programa de concesión de axudas para a participación no programa Conecta Voluntariado Galicia dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR930C).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
23.06.2023
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas correspondentes ao programa Conecta Voluntariado Galicia para o ano 2023. Este programa ten a finalidade de facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/coas seus/súas familiares.

Persoas participantes:
1.- Poderán optar a este programa os/as mozos/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter a súa residencia habitual no exterior.
b) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
e) As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2023, unha idade comprendida entre os 21 e os 30 anos.
f) Carecer de impedimentos de natureza físico-psíquica que lle imposibilite realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 26/06/2023 ata o 24/07/2023

Lugar e presentación de solicitudes:

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: Sede electrónica da Xunta de Galicia


As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do PR930C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización.

  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos  Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • No Brasil:
    -Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Beneficiencia Rosalía de Castro, en Santos.
    -Asociación Cultura Caballeros de Santiago en Salvador de Baía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana.
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • O resto dos países: nos rexistros dos Consulados de España.

Poderán presentar tamén as solicitudes presencialmente na Secretaría Xeral de Emigración (Rúa Basquiños n.º 2 – 15704 Santiago de Compostela) ou no resto de rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Número de prazas:

País Total
Arxentina 5
Brasil 2
Cuba 2
Uurguai 2
Venezuela 2
Resto de América 4
Resto de Europa 3
Totais 20

 

Documentación para consultar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
24.07.2023