Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa "Aventúrate con Galicia", ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1098 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa de axudas para a participación no programa "Aventúrate con Galicia", (Resolución do 30 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 69 do 07-04-2017).

De acordo co disposto no artigo 7, apartado catro da convocatoria publícase a relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas. As solicitudes admitidas levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO DA SOLICITUDE, e as excluídas aparecen coa mención "EXCLUÍDA". Na columna ARTIGOS QUE INCUMPRE e MOTIVOS DE EXCLUSIÓN o artigo e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar as causas de exclusión.

Aventúrate con Galicia 2017

Listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as

Descargar

 

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as,  de acordo con disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
19.06.2017