Listaxes definitivas de solicitudes admitidas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
252 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas. Bolsa de persoas formadoras colaboradoras 2025.

Conforme ao previsto no artigo 10 da Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes, dáse publicidade ás listaxes definitivas de persoas admitidas para formar parte da bolsa de persoas formadoras colaboradoras segundo a Resolución do 25 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se acorda a apertura do prazo de presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Secretaría Xeral da Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas listas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. 

Listaxes para descargar:

 

Convocatoria asociada:

Listas a convocatoria asociadas:

Data de publicación: 
23.12.2025
Data fin de prazo: 
22.10.2025