Apertura do prazo de solicitude de inscrición e de actualización da bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia durante o ano 2026

Listen to this page using ReadSpeaker
712 lecturas
Información e formularios de inscrición.
Estado: 
Procedemento aberto

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se acorda a apertura do prazo de presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia, establecida na Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se regula o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia (código de procedemento PR933A).

De acordo coa resolución do 14 de decembro de 2023 as listaxes de persoas formadoras colaboradoras serán actualizadas unha vez ao ano, mediante a presentación de novos méritos das persoas inscritas e, de ser o caso, de novas solicitudes de inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración publicará anualmente na páxina web http://emigracion.xunta.es e no Diario Oficial de Galicia a correspondente convocatoria.

Infórmase de que ata o 29 de xullo (inclusive) deste ano, as persoas interesadas poderán presentar solicitudes de inscrición ou novos méritos, no caso de estaren xa inscritas. As listas definitivas teranse en conta para a programación dos obradoiros do ano 2026.

Formularios de solicitude:

O modelo de solicitude poderá obterse na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Outra documentación para descargar:

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires (Arxentina) e en Montevideo (Uruguai).

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  1. A presentación da solicitude de inscrición implicará a aceptación íntegra do establecido na Resolución do 14 de decembro de 2023.

Convocatoria asociada:

Data de publicación: 
07.07.2025
Data fin de prazo: 
29.07.2025