Listaxes das persoas solicitantes propostas como beneficiarias para participar no programa Conecta co Camiño 2023 (procedemento PR930D)

Listen to this page using ReadSpeaker
351 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES DAS PERSOAS SOLICITANTES PROPOSTAS COMO BENEFICIARIAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONECTA CO CAMIÑO 2023 (PROCEDEMENTO PR930D), CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 5 DE MAIO DO 2023 (DOG NUM. 93 DO 16 DE MAIO). 

En aplicación da Proposta de Resolución formulada polo órgano instrutor no día de hoxe, e de conformidade co disposto nos artigos 9.10 da citada Resolución da Secretaría Xeral da Emigración, que regula as bases reguladoras do procedemento de axudas para a participación no Programa Conecta co Camiño e convoca as do ano 2023, procédese a

1) Confirmar a corrección dos erros das listaxes publicadas onte, que se rectifican debidamente nos Anexos da mesma,
 
2) Publicar a relación de persoas solicitantes propostas para ser beneficiarias e daquelas incorporadas á listaxe de reservas na orde resultante tras a selección segundo os criterios de prelación establecidos no artigo 9.6 (parentesco, idade, apelidos), por países, quendas e modalidades de financiamento, e
 
3) Solicitar a difusión destas listaxes por parte das Delegacións da Xunta de Galicia e demais entidades colaboradoras, mediante a súa publicación nos taboleiros de anuncios.

PAÍS LISTADO
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar


IMPORTANTE: A partir desta data e ata final desta semana as persoas serán contactadas pola empresa adxudicataria para a xestión dos desprazamentos de ida e volta a Galicia por e-mail e/ou teléfono, para os efectos de concretar, no seu caso, as formas de pago das pasaxes, así como a súa emisión e entrega, e para a convocatoria de participantes e familiares á sesión preparatoria sobre a viaxe.

Data de publicación: 
07.07.2023
Liña de axuda: