Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa 'Aventúrate con Galicia' 2026
De conformidade co disposto no artigo 11.2 da Resolución do 21 de abril de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación do programa AVENTÚRATE CON GALICIA (DOG núm. 80 do 30 de abril), unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes e examinados os expedientes de solicitude presentados, elabóranse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas / excluídas, sinalando no seu caso, a documentación que debe achegar ou emendar e o artigo da Resolución que infrinxe, ou a causa de exclusión.
Listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, con indicación da causa de exclusión
De conformidade co disposto no artigo 11.3 da resolución de convocatoria, as persoas que deban completar ou emendar o seu expediente de solicitude dispoñerán dun prazo de 10 días, contados desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración das listas provisionais, para emendar os erros ou achegar os documentos preceptivos.
Transcorrido ese prazo sen que o interesado emende teráselle por desistido, previa resolución administrativa, de conformidade co establecido no art. 20.5 da lei de subvencións de Galicia e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Data publicación páxina web: 09.06.2026
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE CORRECCIÓN: DO 9 DE XUÑO AO 19 DE XUÑO DE 2026 (ás 23.59 horas, horario peninsular español), ambos os dous incluídos:
Aventúrate con Galicia 2026 Listados provisionais |
|---|
| Solicitudes admitidas e inadmitidas / excluídas |
| Descargar |



