Aventúrate con Galicia 2026
Obxecto
O programa Aventúrate con Galicia, que ten por finalidade facilitarlles a 30 mozas e mozos de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no estranxeiro, a participación en determinadas actividades de verán convocadas pola Xunta de Galicia para a xuventude galega, así como o encontro cos seus familiares residentes na Comunidade Autónoma.
Aventúrate con Galicia é un programa dirixido a mozos e mozas que viven no estranxeiro con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos para participar, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia, en actividades da campaña de verán que convoca para este ano a Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
O programa Aventúrate con Galicia desenvolverase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude nas seguintes modalidades de campamentos:
- Actividades no mar - Gandarío: convócanse 10 prazas, para mozos e mozas de 14 a 17 anos de idade, que se realizarán no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), dependente da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Consellería de Cultura do 29 de xullo ao 7 de agosto de 2026.
- Actividades de artes escénicas e natureza - Boiro: convócanse 10 prazas, para mozos e mozas de 10 a 12 anos de idade, que se realizarán no Campamento Xuvenil de Espiñeira (Boiro), dependente da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 15 ao 24 de xullo de 2026.
- Actividades de multiaventura medioambiente e mar - Ribadeo: convócanse 10 prazas, para mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade, que se realizarán no Campamento Xuvenil “A Devesa” (Ribadeo) da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 15 ao 24 de xullo de 2026.
Os tres campamentos inclúen actividades lúdicas e recreativas (excursións, de aventuras...) propias da idade dos participantes; o primeiro e terceiro, actividades deportivas náuticas (vela, windsurf, canoa, etc.) e outras comúns (sendeirismo, fútbol, etc.); e o segundo actividades relacionadas co teatro, a danza, a maxia, a música, percusión e similares.
Persoas beneficiarias
Poderán optar a este programa a mocidade que cumpra os seguintes requisitos:
- a) Ter unha idade comprendida entre os 10 a os 17 anos o día 15 de xullo de 2026.
- b) Ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega residente no exterior.
- c) Ter a nacionalidade española.
- d) Carecer de enfermidades transmisibles con risco de contaxio, discapacidades e outros impedimentos que lles imposibiliten participar con normalidade nas actividades recreativas e deportivas do campamento que soliciten.
Prazo de presentación de solicitudes
- Desde o 5 de maio, ás 09.00 hs, ata o 5 de xuño, ás 20.00 hs do 2026 (horario de España).
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: | picar aquí para acceder á Sede electrónica |
- Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria no D.O.G. : (picar aquí para descargar)



