Listados definitivos de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2021

Listen to this page using ReadSpeaker
1248 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de duascentas (200) bolsas excelencia mocidade exterior (BEME 2021), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Proposta de resolución DEFINITIVA de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa
Descargar
Listado definitivo de 200 candidatos/as á bolsa (ordenado polas puntuacións outorgadas) Listado definitivo de 200 candidatos/as á bolsa (ordenado por orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Listado definitivo de 100 candidatos/as suplentes (ordenado polas puntuacións outorgadas) Listado definitivo de 100 candidatos/as suplentes (ordenado por orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Listado definitivo de 28 candidatos/as excluídos/as por non alcanzar un número de orde na baremación dos méritos, que lle permita continuar no proceso de selección (ordenado polas puntuacións outorgadas) Listado definitivo de 28 candidatos/as excluídos/as por non alcanzar un número de orde na baremación dos méritos, que lle permita continuar no proceso de selección (ordenado por orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Listado definitivo de 142 solicitantes da bolsa excluídos/as
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

IMPORTANTE:

Para poder chegar a ser beneficiario/a da bolsa débese acreditar estar matriculado nun máster universitario dos ofertados na convocatoria de bolsas. O prazo para enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o 5 de agosto de 2021 ás 23:59 h (hora peninsular española).

As 200 persoas da lista definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarían a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na lista definitiva de 100 candidatos suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes porque persoas da lista de admitidos definitiva non se matriculasen ou desistisen da súa solicitude de bolsa.

Por outra banda, se algunha persoa da lista definitiva de candidatos ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar que tamén está no menú da esquerda, na opción de "Renuncia" para non prexudicar a outros candidatos da lista de suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros.

A mediados de agosto de 2021 publicarase unha nota informativa nesta web coas listaxes das persoas beneficiarias  dunha bolsa e dos suplentes desta convocatoria de BEME 2021.

Data de publicación: 
06.07.2021
Data fin de prazo: 
05.08.2021