Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2015 PAÍS: Arxentina
Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2015 (Resolución do 09 de marzo de 2015 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 52 do 17 de marzo).
De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Arxentina.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.es (o prazo remata o 03/08/2015) para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
País | Data de publicación | Fin prazo emenda/alegacións | Listado |
---|---|---|---|
Arxentina | 21 xullo 2015 | 3 agosto 2015 | Descargar |
Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:
- No caso de Arxentina débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Nota: con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.