Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
1744 lecturas
Listados para descargar e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2015 (Resolución do 09 de marzo de 2015 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 52 do 17 de marzo).

De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.es para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

País Data de publicación Fin prazo emenda/alegacións Listado
Arxentina 21 xullo 2015 3 agosto 2015 Descargar
Brasil 12 xuño 2015 25 xuño 2015 Descargar
Cuba 12 xuño 2015 25 xuño 2015 Descargar
Uruguai 12 xuño 2015 25 xuño 2015 Descargar
Venezuela 12 xuño 2015 25 xuño 2015 Descargar

 

Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria coa fin de emendar a solicitude:

Nota: con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.

Data de publicación: 
12.06.2015