Listados provisionais das persoas admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na terra”. Ano 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
1777 lecturas
Listados provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na terra" 2014 (Resolución do 08 de abril de 2014 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 73 do 15 de abril).

De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse os listados provisionais das persoas admitidas e excluídas, correspondentes a Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.es (o prazo remata o 29/xullo/2014), para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

País Data de publicación Prazo alegacións Listado
Arxentina 16 de xullo de 2014 29 de xullo de 2014 Descargar
Brasil 16 de xullo de 2014 29 de xullo de 2014 Descargar
Cuba 16 de xullo de 2014 29 de xullo de 2014 Descargar
Uruguai 16 de xullo de 2014 29 de xullo de 2014 Descargar
Venezuela 16 de xullo de 2014 29 de xullo de 2014 Descargar

 

Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:

Notas:

  • Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das persoas admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.
Data de publicación: 
16.07.2014
Data fin de prazo: 
29.07.2014