Listados Provisionais de admitidos/as, excluídos/as e requirimentos de emenda do programa de Bolsas para estudos universitarios, intercambios universitarios e estudos de formación profesional durante o curso académico 2011-2012.
Publicación da relación admitidos/as, excluídos/as e requirimentos de emenda das solicitudes que non reúnen os requisitos esixidos ou teñen incompleta a documentación presentada.
Estado:
Procedemento pechado
Orde da convocatoria: RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2011-2012.
Listados de admitidos/as, excluídos/as e emendas:
- Programa 1. Bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico. (picar aquí para descargar)
- Programa 2. Bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario. (picar aquí para descargar)
- Programa 3. Bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios. (picar aquí para descargar)
- Programa 4. Bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos, centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas. (picar aquí para descargar)
Data de publicación:
06.09.2011
Data fin de prazo:
17.09.2011
Listas a convocatoria asociadas:



