Bolsas para estudos universitarios,intercambios universitarios e de formación profesional en Galicia 2010-2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
1070 lecturas
Correción de erros.-Resolución do 4 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización e estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2010-2011
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración

Nome do programa: Bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2010-2011. .

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras de bolsas para a realización de estudos en calquera universidade do sistema universitario de Galicia (SUG), de intercambios universitarios ou estudos de formación profesional en centros de ensino públicos ou privados concertados para emigrantes galegos residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade a través dos seguintes programas:

Programa 1: Bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

Requisitos dos solicitantes: Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos:

1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa.

2. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida na última convocatoria, o/a solicitante deberá acreditar a residencia da súa unidade económica familiar no estranxeiro e ter superados o 75% das materias ou créditos en que estivo matriculado no curso anterior para o que se lle concedeu a axuda, incluíndo o proxecto fin de carreira. Tamén se considerarán como prórroga da bolsa aquelas solicitadas para a continuación dos estudos que deran lugar a unha anterior concesión, sempre e cando superase o 75% dos créditos en que estivo matriculado no ano da concesión.

3. Estar admitido/a para cursar estudos presenciais conducentes á obtención dun título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico durante o curso que se inicia no ano da convocatoria, na universidade de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo. Os beneficiarios das bolsas deberán estar matriculados en, como mínimo, 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira. En ningún caso entrarán a formar parte dos mínimos a que se refire o punto anterior créditos correspondentes a distintas especialidades.

Programa 2: Bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario.

Requisitos dos beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos: 1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa.

2. No caso de solicitar unha prórroga da bolsa concedida en convocatorias anteriores, o/a solicitante deberá acreditar ter superados o 75% dos créditos en que estivo matriculado no último curso ou, se é o caso, ter o título de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.

3. Estar admitido/a no curso que se inicia no ano da convocatoria nun programa de curso completo de máster universitario autorizado pola Xunta de Galicia e impartido nalgunha das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo. No caso de solicitar prórroga da bolsa non entrarán a formar parte dos mínimos a que se refire o punto anterior créditos correspondentes a distintas especialidades.

Programa 3 (Novo): Bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios.

Requisitos dos beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos:

1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa nun país extracomunitario.

2. Estar admitido/a para cursar estudos presenciais a tempo completo, por un período mínimo dun cuadrimestre (ata 6 meses), ou dun curso académico, en calquera das tres universidades de Galicia que teña subscritos convenios de mobilidade coas correspondentes universidades de países extracomunitarios. En ningún caso entrarán a formar parte dos mínimos a que se refire o punto anterior créditos correspondentes a distintas especialidades.

3. Non ser ou haber sido beneficiario doutras axudas de mobilidade convocadas por outras entidades públicas ou privadas para o mesmo fin.

Programa 4: Bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

Requisitos dos beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas os/as emigrantes galegos/as residentes no exterior e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, que cumpran os seguintes requisitos: 1. Residencia no estranxeiro do/a solicitante da bolsa.

2. Estar matriculado/a no curso que se inicia no ano da convocatoria nalgún ciclo formativo de grao superior nun centro docente público ou centro privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teña estas ensinanzas concertadas.

Convocatoria: Diario oficial de Galicia do 10 Xuño do 2010

Promovido por: Secretaria Xeral da Emigración 

Ano: 2010

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración

DocumentaciónModelo de solicitude con todos os anexos (versión para cubrir online) [gl]

Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.

Data de Publicación: 10 de Xuño de 2010

Corrección de erros: Advertido o erro da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 109, do xoves 10 de xuño de 2010, procede facer a oportuna corrección.

Na páxina 10.467, no artigo 3º.2, onde di: «o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xuño de 2010», debe dicir: «o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xullo de 2010».