Listado de beneficiarios das axudas para a realización de actividades culturais 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1146 lecturas
Relación de beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de agosto de 2009, pola que se establecen e se regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares nos que estean radicadas as entidades galegas no exterior.
Estado: 
Procedemento pechado

Xustificación e pagamento:

Así mesmo, lémbraselle ao beneficiario que de acordo co disposto na base décimo primeira do artigo 2º da Resolución de convocatoria: Antes do pagamento do importe da subvención concedida, os beneficiarios de axudas deberán remitirlle á Secretaría Xeral da Emigración, antes do 10 de decembro do ano que corresponda, a correspondente conta xustificativa que conterá:

a)Unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas que conterá:

b.1) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, se é o caso, data de pagamento e indicación das desviacións que se produciran.

b.2) Factura ou facturas orixinais ou debidamente cotexadas acreditativas dos gastos subvencionables e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos esixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

b.3) Documentación aceditativa do pagamento das facturas que deberá de consistir en extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados polo beneficiario. Non entanto, por mor da natureza dos gastos subvencionables e tendo en conta que as accións a desenvolver neste tipo de axudas poden ter lugar no exterior, aceptarase como xustificación do pagamento das facturas recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1000€.

c) De ser o caso, certificación do secretario da entidade galega no exterior, co visto e prace do seu presidente, na que conste que se ten realizado a actividade cultural subvencionada no lugar e data previstos.

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para as mesmas accións para as que se concedeu a subvención, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. (ANEXO II)

e) Certificación do número de conta bancaria da cal o solicitante da axuda sexa titular. Na certificación ten que figurar, ademais do nome do titular, o número de conta codificado, os códigos da entidade bancaria: IBAN e SWIFT (ou equivalentes, segundo o país) e datos da entidade bancaria: nome, enderezo e sucursal.”.

Para calquera información poderá dirixir as súas solicitudes á Secretaria Xeral da Emigración, rúa Basquiños, nº 2 – 15704 Santiago de Compostela ou aos números de teléfono seguintes: 981957162 e 981957353, ou ao enderezo de correo electrónico entidadesgalegas@xunta.es.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

En relación ao anterior, signifícase que as contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Listados:  Descargar listado de beneficiarios

Data de publicación: 
11.11.2009