Axudas para a realización de actividades culturais 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1758 lecturas
A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas destinadas ao financiamento dos custos xerados pola realización de actividades artísticas ou culturais que contribúan á difusión do acervo cultural galego fóra de Galicia e se desenvolvan nas entidades galegas do exterior ou en lugares onde residan un número significativo de galegos; así como a actuación de grupos de mozos e mozas galegos, residentes no exterior, que difundan en Galicia as actividades artísticas e culturais que teñan lugar nas súas colectividades. Resolución do 26 de agosto de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen e regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares nos que estean radicadas as entidades galegas no exterior.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Axudas para a realización de actividades culturais.

Destinatarios: Persoas físicas ou xurídicas, así como calquera outra agrupación de persoas, comunidade de bens, unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos obxecto destas axudas ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención

Características:

Orzamento: O crédito inicialmente destinado para esta finalidade é de 120.000 €, que poderá incrementarse segundo as dispoñibilidades orzamentarias.

Actuacións subvencionables:

  • Actividades artísticas e/ou culturais que contribúan á difusión do patrimonio cultural galego e se desenvolvan nas entidades galegas do exterior, ou naqueles lugares situados fóra de Galicia onde resida un número significativo de cidadáns galegos.
  • Actuacións de grupos de mozos e mozas galegos, residentes no exterior, que fomenten a difusión en Galicia das actividades artísticas e/ou culturais que se desenvolvan nas súas colectividades. 

Gastos subvencionables

  • Gastos de desprazamento, transporte, aloxamento, manutención e/ou outros gastos que pola súa natureza sexan susceptibles de inclusión no presente apartado.
  • Gastos de produción, contratación dos equipos de son, luces e aqueles gastos que pola súa natureza sexan susceptibles de inclusión no presente apartado.

Contía máxima da subvención: 8.000,00 €.

A contía da subvención nunca poderá superar o importe do orzamento presentado polo solicitante 

Solicitudes: As solicitudes presentaranse, xunto coa documentación correspondente, ben no rexistro xeral da Secretaría Xeral da Emigración; ou ben en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común. 

As solicitudes e documentación correspondente dirixiranse á Secretaría Xeral da Emigración, rúa Basquiños nº 2, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña)

Prazo de presentación: Ata o 1 de otubro de 2009

Resolución: Resolución do 26 de agosto de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen e regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares nos que estean radicadas as entidades galegas no exterior.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia nº 171, do 1 de setembro de 2009 

Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración

Ano: 2009

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas
Basquiños, 2 CP 15704. Santiago de Compostela (A Coruña)
entidadesgalegas@xunta.es
Tfo: 981 547 353 // 981 957 162 // 981 547 239
Fax.: 981 957 399

Documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado. (ANEXO I)

b) Fotocopia compulsada do DNI , CIF ou documentación que acredite a personalidade do solicitante.

c) No caso das persoas xurídicas, acreditación da representación legal da entidade. As agrupacións carentes de personalidade xurídica deberán achegar documento de nomeamento do representante ou apoderado legal único, documento que deberá estar debidamente asinado por todos os membros do grupo. (ANEXO III)

d) Memoria descritiva da actividade a realizar. (ANEXO IV)

e) Currículo ou traxectoria profesional do artista ou grupo solicitante. (ANEXO IV)

f) Orzamento que inclúa os gastos xerados pola realización da actividade de que se trate que deberá vir acompañado das facturas proforma ou documentos similares que acrediten a realidade e adecuación do orzamento (ANEXO IV)

g) De ser o caso, acreditación escrita do compromiso acadado coa entidade galega no exterior para a realización da actividade cultural proposta, asinada polo seu secretario, co visto e prace do seu presidente.

h) Declaración do conxunto de axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para as mesmas accións para as que se solicitou a subvención, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. (ANEXO II)

i) Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social. A presentación da solicitude de concesión desta axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

j) Para o caso de que o solicitante da axuda non teña a súa residencia fiscal en territorio español, deberá presentar certificado de residencia fiscal emitido polos organismos competentes e declaración de que o solicitante se atopa ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración Pública da comunidade autónoma de Galicia.

Data de publicación: 01 de Septembro de 2009