Aprobación das listaxes definitivas de persoas formadoras colaboradoras. Ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
2114 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes definitivas de persoas formadoras colaboradoras para impartir obradoiros fóra de Galicia, aprobadas por resolución do secretario xeral da Emigración de data 30 de abril de 2015.

O secretario xeral da Emigración aprobou a actualización das listaxes definitivas de persoas formadoras colaboradoras, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 7 da Resolución do 11 de febreiro de 2013, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición,ante a Secretaría Xeral da Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas listaxes, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Listados para descargar:

Data de publicación: 
30.04.2015